quarta-feira, 18 de março de 2009

Unha volta e un poema

Vai unha volta, unha volta e un poema
unha cantiga, a cantiga dunha nena
vai un xantar, un xantar, unha conversa
un pensamento, pensamento con talento

Vai o teu beixo, o teu beixo nun silencio
unha palabra, a palabra desexada

E agora que sae o sol
o teu nome xa se ve
agora que sae o sol
ti tamén es

Vai a esquecida, a esquecida e nomeada
unha sentenza, a sentenza que ti fagas
vai o teu dito, o teu dito cun sorriso
unha quimera, a quimera dunha espera.

Foi unha volta, unha volta e un poema
unha cantiga, a cantiga dunha nena,vou despedirme, despedirme cunha flor
vou despedirme, cunha flor de cor de ron


BERROGÜETTO

3 comentários:

Anónimo disse...

Galegos ou Castelhanos?

Rodovalho Zargalheiro disse...

Galegos, obviamente...

Anónimo disse...

Obrigado pelo esclarecimento